lunes, 23 de noviembre de 2009

Podes ver a continuación unha entrevista que lle realizaron no programa Bos días, presidente do Seminario Galego de Educación para a Paz , debido a o documental "cultura de paz". Esa creación audiovisual fíxose coa intención de fomentar a paz e, nese sentido, o entrevistado deixa claro que os medios de comunicación poden fomentar a cultura da paz se informan dos conflictos e como se deben resolver.


Así mesmo ante a situación mundial, os Estados e a ONU teñen que facer actuar contra a pobreza e as razóns dos conflitos e non priorizar o armamentismo.Segundo Manuel Dios, o concepto cultura de paz refírese a educación para a paz, dereitos humanos e democracia, mais tamén a promoción do diálogo entre as culturas e aprendizaxe para a resolución pacífica dos conflitos.A realidade máis agachada e violenta que nos descobre o entrevistado é a pobreza, pois dous terzos da humanidade viven na miseria e 35.000 nenos/as morren de fame ao día.


No hay comentarios:

Publicar un comentario