lunes, 12 de abril de 2010



Ver mapa más grande

Polo mundo hai moitas barreiras que separan países, pobos, familias... As razóns de que existan estes muros son combater a violencia, a inmigracion ilegal, a aftosia, pero o resultado sempre o mesmo, separar e atemorizar.
Agora nomearei algún destes países: EE.UU-México, Cisjordania, Irlanda do Norte, As dúas Coreas, Arabia Saudita, Brasil, Sahara occidental, Pakistán-India, Irán-Pakistán, España, etc...

Eu vou presentar a barreira que hai entre México e EE.UU.

México
Con 101.879.171 de habitantes, o 89% son católicos, o 6% protestantes e o resto doutras relixións. A súa capital é México DFA e a moneda que utilizan chámase peso mexicano. O idioma oficial é o español, pero tamén falan linguas indíxenas rexionais. O sistema de goberno é a república federal.

O muro que separa México de Estados Unidos mide 3.326 km de largo, nos que foron investidos 2.400 millones de dólares. As primeiras barreiras que apareceron foron no ano 1991 pero foi no ano 1994 cando Estados Unidos decidiu fortalecer a vixiancia do muro. En 15 anos morreron máis de 5.600 inmigrantes indocumentados.
Nalgunhas zonas non só hai unha barreira, senón que hai tres de entre 4 e 5 metros de altura, e agora tamén están a poñer dispositivos tecnolóxicos como cámaras, radares, detectores de infravermellos, torres de control, sensores de terra...

No hay comentarios:

Publicar un comentario